xoves, 11 de xullo de 2013

I CARREIRA POPULAR NO GALIÑEIRO . SUSPENDIDA A I CARREIRA POPULAR NO GALIÑEIRO.

    NOTA : IMPORTANTE. 01/08/2013

 
SUSPENDIDA A I CARREIRA POPULAR NO GALIÑEIRO.
Esta tarde recibimos via e_mail no noso club a comunicación do XEFE TERRITORIAL DE MEDIO RURAL E DO MAR, na que nos denega a Autorización para celebrar a Carreira Popular no Galiñeiro en base a nova Lei  7/2012, de 28 de Xuño, de montes de Galicia, ante o alto risco de incendio na zona donde vamos a celebrar a proba na data prevista pola previsión de subida de temperaturas para este domingo.
Polo que nos vemos obrigados dende a organización , a SUSPENDER a proba, pendentes de unha data por confirmar, dentro das condicións que rixen a nova lei de montes en canto a celebración de eventos e os prazos.
Lamentamos o perxuicio e molestias que poidamos ocasionar a todolos inscritos nas probas absolutas, e procederemos a devolución das cantidades abonadas.
Tamen queremos pedir disculpas as familias dos menores inscritos.
Queremos agradecer o apoio de todos aqueles que colaboraron na posta en marcha desta iniciativa e que esperamos o sigan facendo nunha nova data.
Manuel Pereiro (Presidente da A.D. Vincios)



A Agrupación Deportiva Vincios, organiza o domingo, 4 de Agosto de 2013 a I CARREIRA POPULAR NO GALIÑEIRO (12 Km.) e unha MINI CARREIRA POPULAR (6,7 Km.), que darán comenzo as 11 da mañá.
    Poderan participar atletas federados ou non federados.
    A Carreira Popular Absoluta (12 Km.) terá una recta de Saída e Meta de 700 m en asfalto e un circuito de terra de 5,3 Km. arredor do Monte Galiñeiro o que darán dúas voltas, e con avituallamento líquido no Km. 6.
    O mesmo tempo a Mini Carreira Popular Absoluta (6,7 Km.) cunha volta o circuito de terra.
    As carreiras das categorías menores (desde Pitufos ata Cadetes inclusive) será no Merendeiro do Monte Galiñeiro.

REGULAMENTO I CARREIRA POPULAR NO GALIÑEIRO

SUBIDA O MERENDEIRO

PLANO CIRCUITO CARRERA GALIÑEIRO


En breve más información sobre el recorrido

2 comentarios:

  1. Quería saber se vades volver abrir as insinscripcions para os q nos enteramos tarde?
    Gracias

    ResponderEliminar
  2. As inscricións quedaran para a próxima data que poidamos facer que daremos a máxima difusión, si estas interesado podes enviar un correo electronico para que poidamos contactar na próxima, pois esta edición quedou suspendida dende a Conselleria de Medio Rural da Xunta que non autoriza a proba.

    ResponderEliminar

Slider