martes, 26 de xuño de 2018

ADVincios Medalla de Bronce na Copa do Rei

A A.D. VINCIOS MEDALLA DE BRONCE NA COPA DE S.M. O REY

Este fin de semana disputouse en Antequera (Málaga) a Copa de S.M. o Rey, a competición máis importante do calendario nacional despois da Competición Ligueira, e onde a AD VINCIOS GONDOMAR conquistou a medalla de bronce, alcanzando por primeira vez o podio nesta importante competición.

Este gran éxito constitúe o colofón ao traballo de todo o club destes últimos anos, onde despois de lograr dous ascensos sucesivos desde Primeira División ata Superdivisión masculina, a clasificación por dúas veces para a liga Europea, esta medalla sitúao na elite do tenis de mesa a nivel nacional, un traballo realizado sempre coa inclusión de xogadores da canteira do club.

Esta competición, onde interveñen os 16 mellores equipos inscritos no campionato, empezou o sábado coa fase de grupos, onde o equipo gondomarés superou ao Rivas de Madrid por 3-1 e ao equipo andaluz Vegas do Genil por 3-0, co que se conseguiu o pase a cuartos de final. O sorteo cruzoulles co forte equipo IRUN LEKA ENEA, cuarto clasificado na recentemente finalizada liga española. O desenvolvemento do partido púxose de fronte para o AD Vincios tras a vitoria do ucraíno Ievgen Pryshchepa sobre o serbio Borcic, a derrota de Martín Pintos ante EndikaDíez (actual medalla de Bronce no campionato de España individual) e a vitoria de Moisés Álvarez sobre JaimeVidal. Cun resultado favorable de 2-1 produciuse a primeira sorpresa do partido, ao caer derrotado Pryshchepaante Endika por 3-1. Co partido empatado 2-2, enfrontáronse o gondomarés Martín Pintos e o serbio Borbic, producíndose unha nova sorpresa ao gañar Martín 3-2 nun intenso e emocionante partido con remontada final a favor de Martín, con parciais 10-12, 14-12, 4-11, 11-9 e 11-2, para lograr o pase a semifinais.

En semifinais enfrontáronse ao equipo andaluz CAJASUR PRIEGO TM, actual campión de liga, onde xogaron o actual campión de España Carlos Machado e dous internacionais portugueses, André Silva e Diogo Carballo. O partido caeu 3-1 do lado do Priego, que na final proclamaríase campión de Copa ante o equipo catalán DKV Borges Vall. Os bronces foron para o AD VINCIOS GONDOMAR e o ARTEAL TM de Santiago de Compostela. 

O AD Vincios incorpora ao seu palmarés esta medalla de bronce na Copa de S.M. O Rey, e espera que este éxito axúdelle a atopar os colaboradores e sponsors necesarios para enfrontarse a unha nova tempada.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Súperdivisión

DERBI PROVINCIAL EN SUPERDIVISIÓN 

Este venres 26 de xaneiro ás 19:00 disputarase en Gondomar, no Ximnasio do Instituto Terra de Turonio, o derbi de superdivisión de tenis de mesa, entre os dousrepresentantes da provincia nesta categoría: o AD Vinciose o Vilagarcía Cociñas Bulthaup. Dos doce equipos que compiten na máxima categoría nacional, a única provincia que posúe dous representantes é a provincia de Pontevedra, que xunto ao Arteal de Santiago, son reflexodo bo nivel de Galicia neste deporte dentro do conxuntodo territorio nacional. 

Na localidade de Gondomar poderase gozar dun encontrode moito nivel entre os dous representantes do tenis de mesa pontevedrés, coa participación polo equipo local do xogador da canteira Martín Pintos, o internacional portugués Diogo Silva e a estrela do equipo local, o internacional ucraíno Ievgen Pryshchepa, contra a posible alineción dos xogadores do equipo vilagarcián, o catalán Ramón Mampel, o ucraíno Sergei Nigeruk e un das súasdúas fichaxes deste ano, o belga Lauric ou o checo MichalObeslo

No encontro da primeira volta celebrado en Vilagarcíavenceu o AD Vincios 2-4, co que o equipo de Vilagarcíatratará de tornar o resultado no desquite en terrasmiñoranasEspérase un encontro moi disputado e equilibrado xa que son dous equipos de potencial moiparello situados en metade da táboa clasificatoria, situándose o Vincios no quinto posto e o Vilagarcía no sexto,  separados por dous de puntos. O AD Vincios vénde perder 4-1 no encontro celebrado no seu desprazamentoa Irún mentres o Vilagarcía venceu a L´Escala 4-1 de Xirona como locatario na última xornada da primeiravolta. Espérase unha boa entrada con presenza das dúas afeccións

mércores, 27 de decembro de 2017

Iniciación ao Tenis de mesa Femenino



noso clube está a levar a cabo o proxecto "INICIACIÓN AO TENIS DE MESA PARA MULLERES E XÓVENES" dentro do programa de Cooperación da Xunta de Galicia e co apoio financiero da Unión Europea para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro

Está dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenilco que pretendemos fomentar a práctica deportiva e principalmente o tenis de mesa entre as mulleres e as xóvenes da sociedadeOobxetivos que se intentan acadar son:

• Crear grupos de relación social
• Fomentar a diversión mediante os xogos de habilidades
• Favorecer una aprendizaxe sinxela e rápida
• Introducción as técnicas básicas
• Mellora das habilidades psicomotrices, físicas, concentración e atención
• Fomentar os hábitos dxogo e competencia 
• Adquirir destrezas nas relacións

mércores, 19 de xullo de 2017

A AD VINCIOS DE TENIS DE MESA (SUPERDIVISIÓN MASCULINA)CLASIFICADO PARA LA ETTU CUP MEN


A AD Vincios da máxima categoría masculina do Tenis de Mesa español obtivo esta tempada un éxito sen precedentes ao clasificarse para a ETTU Cup Men, segunda competición europea en importancia despois da Champions League. Nesta competición participan 40 equipos europeos.


O equipo gondomareño disputará a primeira fase da competición no mes de Setembro en lugar aínda por designar xunto con outros tres equipos europeos. Para elo o club está buscando patrocinadores que axuden a financiar os costes desta competición europea.


Este é un paso mais do equipo miñorense para facerse un oco entre os máis destacados clubs do continente nunha proba que ten unha tremenda dificultade, posto que se enfrentarán aos equipos que contan nas súas filas con xogadores que se encontran entre os 100 primeros do ránquing mundial.





xoves, 13 de xullo de 2017

Campionato de España

A AD VINCIOS OBTÉN DÚAS MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Esta pasada semana disputáronse en Almería os Campionatos de España de todas as categorías no que a Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa participou en infantil, xuvenil, sub-23 e absolutos na Copa do Reiobtendo dúas medallas, unha de ouro outra de bronce.
Os resultados máis destacados foron o bronce individual que conseguiu Moisés Álvarez en sub-23 e  o ouro que este mesmo xogador logrou na proba de dobres sub-23 xunto co xogador Javier Benito do Club San Xoán de Ferrol.
O resto da expedición pasou na maior parte dos casos ao cadro final das súas categorías chegando a cuartos de final en dobres sub23 femininos e obtendo resultados magníficos como a vitoria da infantil Luisa Pintos sobre a número 2 do ránquing nacional Emma Ruíz. 
Na Copa do Rei acadouse un satisfatorio noveno posto.
Participaron nestes campionatos disputados no Pabellón de los Juegos del Mediterráneo de Almería arredor de dous mil xogadores e xogadoras de todas as comunidades. Con esta competición ponse broche final á tempada 2016-17 onde o club gondomareño se consolidou na máxima categoría masculina do tenis de mesa.
 


 
 


xoves, 16 de marzo de 2017

RESULTADOS AD VINCIOS JORNADA 10-12/03/2017


SUPERDIVISIÓN MASCULINA:
UCAM CARTAGENA 4 - AD VINCIOS BMC 0
DIVISIÓN DE HONOR FEMININA :
AD VINCIOS BADE 2 - GASTEIZ 4
PRIMERA NACIONAL MASCULINA:
AD VINCIOS ROSQUILLAS CRISTALEIRO 4 - DEZ PORTAS LUGO 2

PRIMERA NACIONAL FEMENINA:
CLUB DEL MAR 4 - AD VINCIOS 2
CTM CORUÑA 2 - AD VINCIOS 4
MONTEPORREIRO B 2 - AD VINCIOS 4

PRIMERA GALEGA:
CINANIA 6 - AD VINCIOS PAX FLOOR 0

SEGUNDA GALEGA:
TM PORRIÑO 6 - AD VINCIOS B 0
CTM VIGO SILVINO 6 - AD VINCIOS GB AUDITORES 0

SUPER DIVISIÓN MASCULINA : UCAM Cartagena - AD Vincios BMC

CRÓNICA PARTIDO SUPERDIVISIÓN MASCULINA  (10/03/2017)
Tras el último partido jugado en casa, con jugadores canteranos, contra el BORGES, el partido de esta jornada fue contra el líder de la clasificación, el UCAM Cartagena, en Murcia.
El primer partido enfrentó a Moisés Älvares del AD VINCIOS BMC con el jugador chino Wei Dong Shi del UCAM Cartagena. Comenzó muy bien el jugador chino, ganando el primer set. Pero Moisés, desplegando un gran juego sobre el revés de Wei Dong Shi y unos flips de revés espectaculares, le complicó las cosas al jugador del UCAM, ganándole el segundo set. El tercer set cayó del lado de jugador chino, mientras que el cuarto set, se lo llevó Moisés con un juego increíble. El quinto set, que fue muy disputado, se lo llevó Wei Dong Shi, quedando por tanto el partido 3-2 para el UCAM
El segundo partido lo jugó el jugador francés del AD VINCIOS BMC, Guillaume Neyvoz contra el jugador inglés Paul Drinkhall del UCAM Cartagena. Con un juego comedido buscando sus mejores golpes, el jugador francés del Vincios, logró algún punto espectacular, tras grandes intercambios de golpes. Pero finalmente se impuso la calidad contrastada del jugador inglés, que acabó ganando el partido 3-0.
El tercer partido fue un duelo español que enfrentó a Martín Pintos Barreiro del AD VINCIOS BMC con Jesús Cantero del UCAM. Cantero empezó muy bien el partido, ganando el primer set 11-6. Pero a partir del segundo set, Martín consiguió controlar mejor su juego, buscando siempre con su saque la derecha de Cantero, con golpes que le hacían mucho daño al jugador del UCAM, logrando así 2 parciales de 11-8 ante el actual campeón de España. Pese a que el resultado fue 3-0 para el UCAM, Martín jugó un buen partido.
El último partido lo jugó Paul Drinkhall por parte del UCAM, y Moisés Álvarez por parte del AD VINCIOS BMC. Fue un partido muy disputado en el que un Moisés muy concentrado, logró aguantar los envites del inglés, aunque al final, la gran calidad del jugador inglés hizo que el partido se lo llevara el UCAM por 3-0.
Resultado final: UCAM Cartagena 4 -AD VINCIOS BMC 0

Slider