PERCORRIDO ANDAINA 15 DE MARZO

A primeira metade do percorrido será en ascensión ata chegar a unha cota de 400 mts aprox.( alto do Cereixo ). 
Subimos pola marxe esquerda do Pazo do Conde ata chegar ao barrio da Torre . Esta primeira parte , maioritariamente ,  é superficie forestal , pistas anchas con árbores en ambas marxes. Continuamos polo barrio da Feira do Doce , onde temos referencia dunha feira Medieval de gando e horta
Despois  , descenso polo río Das Rasas , pasando polo Barrio de San Cristóbal , baixando pola pista ata chegar ao Río Matalagartos , e pisamos á parroquia de Peitieiros no Barrio da Peroleira , onde discurre un sendeiro estreito moi frondoso , onde poder disfrutar dunha paisaxe fermosa de bosque de Ribeira
A continuación imos cara a desembocadura deste regato co río Morgadáns , para seguir a carón do río , ata chegar a Gondomar , pola Ponte das ánimas
Aconsellamos levar calzado cómodo e axeitado , xa que nalgunhas zonas , o chan pode estar húmedo 
O tempo vai acompañar nesta andaina , así que non o pensedes. Animarvos , de seguro que , además de quedar encantados , imos a quedar tamén  ,con ganas de repetir 


Comentarios

Publicacións populares