SYOC


Os xogadores Martín Pintos e Anxo Iglesias, da AD Vincios de tenis de mesa, competiron durante esta pasada fin de semana no Open Internacional de España Cadete e Xuvenil onde participaron un total de 230 xogadores de Europa, Asia e América.
O nivel elevado do campionato serviu a estes dous xogadores como unha boa experiencia para continuar progresando e enfrontar os próximos compromisos deportivos como o Campionato de España que se disputará en Antequera a finais de xuño.
Martín Pintos e Anxo Iglesias formaron parte dos equipos que España presentou nesta competición. Tamén competiron en individual e dobres.

 Lograron importantes vitorias sobre representantes eslovenos e irlandeses pero quedaron ás portas do cadro final.
Por outra banda, AD Vincios prepara como obxectivo máis inmediato a importante fase de ascenso a División de Honor Masculina que se celebrará a finais deste mes en Borges Blanques (Lleida).







Comentarios

  1. Enhorabuena chicos!!!!. .. Y enhorabuena al club!!!....Celso Yáñez

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares