SEXTA ANDAINA



REGULAMENTO DA  ANDAINA

1º - A AGRUPACION DEPORTIVA VINCIOS, organiza o Domingo, 5  de Xullo de 2015 a  6ª ANDAINA A.D. VINCIOS  (12 Km.), que dará comenzo as 9:30 da mañá.

2º - Poderan participar todalas personas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados de un adulto ou solos  con permiso por escrito de pais ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.

3º - A 6ª Andaina A.D. VINCIOS (12 Km.) será por un percorrido circular co 90% por pistas de terra, con Saida e Chegada no PAVILLON MUNICIPAL DE GONDOMAR.

4º - Esta ANDAINA non será competitiva, todolos participantes recibirán un AVITUALLAMENTO na mitade da Andaina, unha BOLSA DE XANTAR  (Bocadillo de chourizo asado, Iogur  e  Botella de Auga).

5º - INSCRICIÓNS: Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte,  teléfono de contacto, e_mail, e no caso de menores de 14 a 18 anos que veñan solos aportaran ademais PERMISO dos PAIS ou TITORES.

O PRAZO DE INSCRICION na 6ª Andaina A.D. VINCIOS  remata o XOVES, 3 de XULLO as 24 horas, terán una Cota de INSCRICIÓN de 5 € (inclue Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, Avituallamento, Bolsa de xantar e Regalo).

As inscricións  farase  no e_mail: vinciostm@gmail.com e o pago por transferencia ou en Caixeiros de La Caixa  na conta nº 2100 5752 67 0200079253. Xunto coa comunicación por mail, adxuntarase xustificante ou data do pago realizado.
Tamen poden inscribirse no CENTRO CULTURAL DE VINCIOS.

6º - Antes da Saida da 6ª Andaina os inscritos teran que recoller os vales para o AVITUALLAMENTO e  BOLSA DE XANTAR.

7º - SERVIZO DE GARDERIA:  Durante a Andaina Popular, contaremos cun Servizo de Garderia para os fill@s dos  participantes na mesma. Cada nen@ terá una acreditación cos datos personais, autorización firmada polo Pai ou Nai e Tef. de contacto. Recomendamos Inscrición Previa cos datos dos nen@s. Según idade teran diferentes actividades.

8º - Contaremos cun SERVIZO de VESTIARIOS, DUCHAS e BAÑOS, no PAVILLON MUNICIPAL de GONDOMAR.

9º - CONTROL: A 6ª Andaina A.D. VINCIOS  será controlada polos Monitores da Organización durante todo o Percorrido.

16º - INFORMACIÓN:  A.D. Vincios   webb: http://www.advincios.blogspot.com ou no e_mail: vinciostm@gmail.com .

Situación do Pavillon Municipal de Gondomar :  Avda. Campo  da Feria s/n – 36380 – Gondomar.

Como chegar desde  AP9  >  AG 57  Saída 11 en Gondomar Norte, dirección Gondomar. Saída Gondomar Centro pola  PO-340 dirección Gondomar, rotonda a esquerda, a  100 mts. desvio a esquerda.

Desde Vigo ou Porriño pola PO 331, chegada a Gondomar  rotonda a dereita, a 400 mts. desvio a dereita.
.


Conforme a L.O.P.D. 19/99 a Agrupacion Deportiva Vincios informa que seus datos son gravados nos nosos arquivos para a xestión da relación contractual. Vostede pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do envío dun correo electrónico a  vinciostm@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares