X ANDAINA A.D VINCIOS





A AGRUPACION DEPORTIVA VINCIOS, organiza o  SABADO, 14 de MAIO de 2016 a  10ª ANDAINA A.D. VINCIOS  (15 Km.), que dará comenzo as 10 da mañá.

- Poderan participar todalas personas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados de un adulto ou solos  con permiso por escrito de pais ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.

 - A 10ª Andaina A.D. VINCIOS (15 Km.) será por un percorrido circular co 90% por pistas de terra, con Saida e Chegada no CAMPO DE FUTBOL A PASAXE en VINCIOS.

- Esta ANDAINA non será competitiva, todolos participantes recibirán un AVITUALLAMENTO na mitade do percorrido e o remate unha BOLSA DE XANTAR (Bocadillo de chourizo asado, Iogur  e Botella de Auga).

- INSCRICIÓNS: No e_mail: vinciostm@gmail.com, será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte,  teléfono de contacto, e_mail, e no caso de menores de 14 a 18 anos que veñan solos aportaran ademais permiso de país ou titores.

O PRAZO DE INSCRICION na 10ª Andaina A.D. VINCIOS  remata o VENRES, 13  de MAIO de 2016.

 PREZO de COLABORACIÓN de 5 € (inclue Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, Avituallamento e Bolsa de xantar).

O pago por transferencia ou en Caixeiros de La Caixa  na conta nº 2100 5752 67 0200079253 ou persoalmente no Campo de Futbol de A Pasaxe (Vincios) antes da saida.

 - Antes da Saida da Andaina os inscritos teran que recoller os vales para o AVITUALLAMENTO E BOLSA DE XANTAR.


 - VESTIARIOS E DUCHAS no CAMPO DE FUTBOL A PASAXE en VINCIOS.

 - CONTROL: A Andaina A.D. VINCIOS  será controlada polos Monitores da Organización durante todo o Percorrido.

- INFORMACIÓN:  A.D. Vincios   webb: http://www.advincios.blogspot.com ou no e_mail: vinciostm@gmail.com .
 Por tef.: 699 67 00 85 (Manolo).

Situación do Campo de Futbol A Pasaxe en Vincios.  42.142628 N     -8.71245 O


Como chegar desde ( A Coruña – Santiago - Lugo – Pontevedra) AP9  >  AG 57  saída en Vincios, dirección Gondomar por     PO-331 a 500m desvío a esquerda subida o Merendeiro, pista asfaltada 2,4 Km. chegada o Merendeiro.

Desde Ourense  A52 > A55 > AG57 saída en Vincios …



Conforme a L.O.P.D. 19/99 a Agrupacion Deportiva Vincios informa que seus datos son gravados nos nosos arquivos para a xestión da relación contractual. Vostede pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do envío dun correo electrónico a  vinciostm@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares