XVI Torneo Aberto Inteernacional A. D. Vincios


XVI  TORNEO ABERTO INTERNACIONAL

“CONCELLO DE GONDOMAR”

DE TENIS DE MESA



  17 e 18 de SETEMBRO de 2.016



PAVILLÓN  MUNICIPAL  DE  GONDOMAR



Patrocina :           Concellería de Deportes do Concello de Gondomar.

               

Organiza:            AGRUPACIÓN DEPORTIVA VINCIOS (A.D.VINCIOS)



Dia e Horario:      Día 17 de 9:30 a 21 h. para todalas categorías : Pre-Benxamin, Benxamin, Alevín, Infantil,  Xuvenil, Sub 23 e Veterans.

  

          Día 18 de 9:30 a 20 h.  Afecionados mixto,  absoluta masculina e feminina .



(A competición farase de forma continuada, sen parar ó mediodía e contarán con  tempo razoable para poder comer os xogadores-as)





Sistema de Competición:

                           

                  Sábado, 17



1ª FASE: por grupos e 2ª FASE: Cadros Eliminatorios.

                                     

                   Domingo, 18



Absoluto Masculino:



1ª FASE  por Grupos.

2ª FASE: Cadros Eliminatorios (dous cadros finais, OPEN “A” e “B).



Absoluto Feminino e Afecionad@s:



1ª FASE: por grupos e 2ª FASE: Cadro Eliminatorio.
 



O Xuiz Arbitro será designado pola FGTM.



Os ARBITROS serán os propios xogadores-as, o que non queira arbitrar, daraxelle por perdido o seguinte partido, nas Eliminatorias os eliminados serán os arbitros, as rondas de semifinais e finais serán arbitradas por arbitros designados pola Organización.



Todolos os xogador@s deberán ter licenza federativa agas os Afecionados.



INSCRICIÓNS :



A inscrición é gratuita para as categorías federadas o prazo remata o  MÉRCORES, 7 de SETEMBRO de 2016 as 22 horas. , e de 5 € en rifas para os afecionad@s maiores de 18 anos , os menores gratis e o prazo remata o XOVES, 15 de SETEMBRO de 2016 as 22 horas,  en   vinciostm@gmail.com  ou advincios@gmail.com , co Nome e apelidos e data de nacemento.

Os Clubs afiliados a Federación Galega cumplimentarán o formulario correspondente a través da web da FGTM (http://formularios.fgtm.es/), utilizando a sua clave de acceso.

Os restantes clubs españois e extranxeiros formalizarán a sua inscrición enviando un correo electrónico as direccións seguintes: lasencasas@hotmail.com.  e  vinciostm@gmail.com. ó non estar afiliados a FGTM, deberán facilitar Nome e apelidos, data de nacemento, nº de licenza e Club o que pertenecen.

            Unha proba para que se despute sera necesario a inscrición minima de 8 xogadores-as, de non chegarse a este minimo, pode facerse unha proba mixta de esa idade ou pasar a categoría de idade inmediatamente superior a criterio do Xuíz Arbi







Non se permitirá a inscrición no mesmo dia en máis de unha proba.





Inscrición libre en todalas categorías.



TORNEO do CIRCUITO GALEGO




INFORMACION: 



www.advincios.blogspot.com

        

Categorías: 

Absoluta masculina (xogadores de calquera idade).

         Absoluta feminina  (xogadoras de calquera idade).

         Sub 23 masculino e feminino (xogadores-as nados no 1.994, 95, 96, 97 e 98).

         Xuvenil masculino e feminino (xogadores-as nados  no  1.999, 2.000 e 2001).

         Infantil masculino e feminino (xogadores-as nados no 2.002 e  03).

         Alevín masculino e feminino (xogadores-as nados no 2.004 e 05).

         Benxamin masculino e feminino (xogadores-as nados no 2.006 e 07)

         Pre-Benxamin masculino e feminino (xogadores-as nados no 2.008, 09,…)

         Veterans masculino +40 (xogadores nados antes do 1-1-1.977).

Veterans masculino +50 (xogadores nados antes do 1-1-1.967)

Veterans feminino   (xogadoras nadas antes do 1-1-1.977)

Afecionados mixto (xogadores-as de calquera idade, tamén 2ª galega)



        

PREMIOS:



                   TROFEOS para os DOUS primeir@s de cada proba disputada e MEDALLAS para os semifinalistas.

                  

        





                                              

Vicente Pintos Santiago

                                               Presidente  da AGRUPACIÓN DEPORTIVA VINCIOS

                                                                          

Comentarios

Publicacións populares