Campionato de España

A AD VINCIOS OBTÉN DÚAS MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Esta pasada semana disputáronse en Almería os Campionatos de España de todas as categorías no que a Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa participou en infantil, xuvenil, sub-23 e absolutos na Copa do Reiobtendo dúas medallas, unha de ouro outra de bronce.
Os resultados máis destacados foron o bronce individual que conseguiu Moisés Álvarez en sub-23 e  o ouro que este mesmo xogador logrou na proba de dobres sub-23 xunto co xogador Javier Benito do Club San Xoán de Ferrol.
O resto da expedición pasou na maior parte dos casos ao cadro final das súas categorías chegando a cuartos de final en dobres sub23 femininos e obtendo resultados magníficos como a vitoria da infantil Luisa Pintos sobre a número 2 do ránquing nacional Emma Ruíz. 
Na Copa do Rei acadouse un satisfatorio noveno posto.
Participaron nestes campionatos disputados no Pabellón de los Juegos del Mediterráneo de Almería arredor de dous mil xogadores e xogadoras de todas as comunidades. Con esta competición ponse broche final á tempada 2016-17 onde o club gondomareño se consolidou na máxima categoría masculina do tenis de mesa.
 


 
 


Comentarios

Publicacións populares