xoves, 25 de xaneiro de 2018

Súperdivisión

DERBI PROVINCIAL EN SUPERDIVISIÓN 

Este venres 26 de xaneiro ás 19:00 disputarase en Gondomar, no Ximnasio do Instituto Terra de Turonio, o derbi de superdivisión de tenis de mesa, entre os dousrepresentantes da provincia nesta categoría: o AD Vinciose o Vilagarcía Cociñas Bulthaup. Dos doce equipos que compiten na máxima categoría nacional, a única provincia que posúe dous representantes é a provincia de Pontevedra, que xunto ao Arteal de Santiago, son reflexodo bo nivel de Galicia neste deporte dentro do conxuntodo territorio nacional. 

Na localidade de Gondomar poderase gozar dun encontrode moito nivel entre os dous representantes do tenis de mesa pontevedrés, coa participación polo equipo local do xogador da canteira Martín Pintos, o internacional portugués Diogo Silva e a estrela do equipo local, o internacional ucraíno Ievgen Pryshchepa, contra a posible alineción dos xogadores do equipo vilagarcián, o catalán Ramón Mampel, o ucraíno Sergei Nigeruk e un das súasdúas fichaxes deste ano, o belga Lauric ou o checo MichalObeslo

No encontro da primeira volta celebrado en Vilagarcíavenceu o AD Vincios 2-4, co que o equipo de Vilagarcíatratará de tornar o resultado no desquite en terrasmiñoranasEspérase un encontro moi disputado e equilibrado xa que son dous equipos de potencial moiparello situados en metade da táboa clasificatoria, situándose o Vincios no quinto posto e o Vilagarcía no sexto,  separados por dous de puntos. O AD Vincios vénde perder 4-1 no encontro celebrado no seu desprazamentoa Irún mentres o Vilagarcía venceu a L´Escala 4-1 de Xirona como locatario na última xornada da primeiravolta. Espérase unha boa entrada con presenza das dúas afeccións

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Slider