SUPERDIVISIÓN: NOVO EMPATE DO AD VINCIOS GONDOMAR NO SEU DESPRAZAMENTO A SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES.

Segunda xornada da Liga de Superdivión española e primer partido fóra da casa. O equipo da AD Vincios Gondomar desprazouse a Madrid para enfrontarse ao equipo de San Sebastián de los Reyes, partido, coma sempre, complicado xa que a sala na que se xoga é pequena e a bóla desprázase moi rápida.
Comezou mal o partido para o AD Vincios, nin Martín Pintos contra o moldavo Vladislav Ursu, nin Zhao Tianming contra Rafael Casares, conseguiron puntuar. Ambos partidos remataron 3-1 a favor dos locais.
Cun 2-0 no marcador, André Silva saiu coa misión de cambiarlle a cara ao enfrontamento. O partido contra o ruso Alekshei Zukov foi moi loitado rematando 2-3 a favor do portugués do Vincios. Así o cómputo total quedaba nun 2-1, e tendo Zhao, no seguinte partido, a oportunidade do empate.
Así o cuarto partido enfrontou ao chinés Zhao contra o moldavo Vladislav, partido, de novo, moi desputado que rematou tamén, cun 2-3 a favor do xogador do equipo galego. Deste modo o encontro quedaba empatado: 2-2.
No seguinte partido Martín non puido puntuar ante o xogador ruso Zukov que gañou 3-0 ao de Gondomar, o mesmo resultado que o que conseguiu no sexto André Silva ante Rafael Casares.
O resultado final, empate a 3-3, sitúa ao equipo da AD Vincios Gondomar na metade da táboa clasificatoria da Liga da Superdivisión española. A peza clave desta cómoda situación é o xogador portugués André Silva, imbatido ate o de agora, no que destaca especialmente a súa gran capacidade de traballo e de loita.


Comentarios

Publicacións populares