Anxo Iglesias e Martín Pintos, subcampións de España de dobres xuvenís


A AD Vincios de tenis de mesa sumou un éxito máis á súa traxectoria de case 20 anos cunha medalla de prata acadada polos xogadores Anxo Iglesias e Martín Pintos, na proba de dobres masculinos xuvenís dos campionatos de España que se celebróu en Blanes (Girona). Os palistas gondomareños tiveron que superar 6 roldas, eliminando en cuartos de final aos cabezas de serie número 2, ata chegar á final que disputaron contra unha parella formada polo murciano Javier Soria e o madrileño Jorge Jiménez. 

A ese magnífico resultado hai que sumar que o andaluz Moisés Álvarez, que este ano formou parte do equipo de División de honor do Vincios, conseguiu tamén unha medalla de prata en dobres sub- 23 formando parella co madrileño Javier Benito. O club miñorano, que este ano conseguiu o ascenso á máxima categoría do tenis de mesa nacional, continúa a apostar pola canteira e os resultados colleitados por Martín e Anxo confirman que o traballo realizado vai na dirección adecuada.

Comentarios

Publicacións populares