O AD VINCIOS GONDOMAR VOLTA Á COMPETICIÓN EUROPEA. ETTU CUP MEN.

Un ano máis o AD Vincios Gondomar, tras obter a clasificación europea  ao rematar sextos na Liga Española, volta á ETTU CUP MEN, competición onde participan os 40 mellores equipos europeos.
Esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de setembro, o AD Vincios Gondomar se desprazou á cidade húngara de Pecs para desputar a primeira rolda desta competición na que se enfrontará a outros tres equipos europeos.
O equipo desprazou a Pecs a tres xogadores galegos, os gondomareños Martín Pintos e Anxo Iglesias, e o pontevedrés Santi Prieto. Tres xoves xogadores sub23 representantes da canteira galega deste deporte, dándolles así a oportunidade de participar e adquirir experiencia neste tipo de competicións europeas do máis alto nivel, perderon 3-0. Volveron xogar as 19:00 co equipo suizo TTC Neuhausen, o resultado de 3-1 en contra do Vincios non reflicte axeitadamente o acontecido na mesa, xa que o noso equipo competiu a un gran nivel. Rematarán a competición nesta mañá de domingo contra o equipo local, o húngaro PTE PEAC Kalo-Meh, a priori o equipo máis forte do grupo. 

Comentarios

Publicacións populares