XIX TORNEO INTERNACIONAL ABERTO "CONCELLO DE GONDOMAR"

Os días 21 e 22 de setembro celébrase a XIX edición do Torneo Internacional Aberto Concello de Gondomar no Pavillón Municipal a partir das 9:30. Como todos os anos contaremos cos mellores xogadores de tenis de mesa de Galicia e Portugal. 
O sábado 21 desputaránse as diferentes categorías, desde pre-benxamín ata veteráns +65, para deportistas federados. O domingo está prevista a categoría Absoluta Masculina e Feminina. Tamén o domingo teremos unha categoría especial de Afeccionados pensada para aqueles que só buscan pasar un bo rato e que non estean federados, ou xogan na segunda liga galega.
Para os federados a inscripción remata hoxe as 23:00 e para a categoría de afeccionados o día 15 de setembro. 
Máis información: advinciostm@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares