5ª Andaina A.D. Vincios



ANDAINA ZAMÁNS, 10 DE MAIO



Seguindo a tradición das nosas andainas ata agora, desta volta tamén os nosos pasos levaránnos a carón de cursos fluviais.

Neste caso será o Río Zamáns o protagonista da primeira parte do percorrido e tamén da parte final. Percorreremos o treito medio alto do mesmo ata chegar o encoro, e visitaremos algúns dos regatos que o enchen.

O  longo deste treito pasaremos polo barrio gondomareño de A Fraga que linda coa parroquia viguesa de Valadares, onde visitaremos varios muiños. Despóis seguindo en territorio olívico, adentrarémonos na Serra do Galiñeiro polo barrio de Vilaverde en Zamáns admirando o seu conxunto restaurado de muiños.

A segunda parte do percorrido atravesará boa parte da serra polo oeste, onde o terreo faise máis abrupto.

De volta, Vincios amosarános boa parte da súa riqueza en forma de muiños, presotes, muiños naviculares, cortellos e cubertos, camiños fondos...ata chegar de novo o río Zamáns que nos sorprenderá de novo coa súa beleza e máxia.






O  percorrido non está marcado, deste xeito tentamos de ir en grupo o máximo tempo posible, nin moi rápido nin despacio.







Recordamos a todos os interesados que as nosas andainas teñen un xeito de ser, gústanos amosar o diferente patrimonio, tanto material como natural, e disfrutar dunha práctica físico deportiva dunha forma tranquila e sen apuros, saboreando e percibindo toda a súa beleza.

Comentarios

Publicacións populares