Segunda Nacional

AD Vincios Construcciones Dantas 4 Arteal TM 2

Importantísima victoria a conseguida na mañá do domingo polo equipo de segunda nacional para poder aspirar a finalizar a tempada no primeiro posto da clasificación. Para iso, necesitarán gañar en Narón, na última xornada da liga regular, ao Naronense.
Para este partido os xogadores eran Edgar, Anxo, Andrés e Ángel. O Arteal, pola súa banda, formaba con Fran Torres, Roi Sixto e Pablo Lois. O equipo gondomareño conseguía poñerse por diante cunha clara ventaxa de 4-0, que aseguraba a victoria, despois de que Ángel, por partida dobre, Edgar e Anxo vencesen nas súas partidas. Co partido xa decidido, o Arteal conseguía gañar as dúas últimas partidas tralo trunfo de Pablo Lois sobre Andrés e de Roi Sixto sobre Edgar.
En calquera caso, marabillosa segunda volta do equipo que lle permite soñar co ascenso directo se gaña a semana que vén en Narón e o equipo de primeira nacional, xa clasificado para a fase, consegue o ascenso na fin de semana do 30 e 31 de maio.
Queremos salientar tamén que foron ata oito os xogadores alineados polo Vincios Construcciones Dantas ao longo destas 21 xornadas de liga. Esta é a lista: David, Jorge, Rodrigo, Simón, Ángel, Edgar, Anxo e Andrés. Todos sumaron importantes puntos para chegar a onde agora estamos. Todos son parte deste equipo. Todos puxeron, nestes últimos sete meses, un moito de ilusión, de compromiso, de traballo e de ganas de sumar xuntos para acadar o obxectivo de estar o máis arriba posible e seguir aprendendo e progresando. E esa é, por riba de que despois as cousas saian ou non, a maior satisfacción que temos dentro do club.



Comentarios

Publicacións populares